dimanche 10 août 2014

Que nos agarda nesta viaxe?

Velaquí un adianto do que nos agarda nesta viaxe á Bretaña que arrancará en menos de 48 horas:

Pointe du Raz (Punta de Raz). O mesmo Atlántico que bate contra as rochas na nosa Fisterra baña este cabo bretón pertencente a Finistere francesa cuxa beleza, disque, inspirou a Victor Hugo. 


Rochefort en Terre. Trátase dunha pequena vila cun encanto especial proporcionado tanto polas numerosas construcións arquitectónicas datadas dos séculos XVI e XVII que conserva, como pola decoración floral que a ornamenta. Esta combinación válelle un posto entre as aldeas máis belas de Francia.



Xardín botánico de Yves Rocher. Inaugurado en 1975, o seu obxectivo era reunir plantas de uso industrial e medicinal, especialmente as de uso cosmético. Nas súas cinco hectáreas alberga máis de 1000 taxóns.

O lago Guerlédan. O lago máis grande da Bretaña sempre está de fondo nas nosas expedicións. Non obstante, que sexa un vello coñecido non reduce a súa beleza nin quere dicir que non nos quede nada por descubrir nel. De orixe artifical, existe dende 1930 e proximamente será baleirado para a súa limpeza.


E xa para rematar, concluimos o adianto con An Dro, un clásico da música bretoa interpretado en directo por Carlos Núñez. Moi probablemente teremos ocasión de escoitalo ao longo da nosa estancia. 





Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire