Info

Le comité de jumelage "Guerledan-Sarria" a été crée en 1998 entre la communauté de communes de Guerledan et celle Sarria dans l'objectif de créer et développer des échanges culturels, linguistiques et économiques.

No ano 1998 creouse entre a comarca de Sarria e a comuna de Guerlédan unha irmandade que tiña por obxectivo favorecer intercambios culturais, lingüísticos e económicos.

En el año 1998 se creó un hermanamiento entre la comarca de Sarria y la comuna de Guerlédan que tenía por objetivo favorecer intercambios culturales, lingüísticos y económicos.

Preguntas frecuentes.

En que consiste a Irmandade?
A Irmandade é un pacto bilateral entre os concellos pertencentes á comarca de Sarria e á antiga comuna de Guérledan, situada na Bretaña francesa. O obxectivo do acordo é establecer intercambios de todo tipo entre dúas comunidades máis próximas do que a distancia xeográfica faría supoñer. A unión e os irtencambios fórxanse nas viaxes de bretóns a Sarria nos anos impares e de sarriaos á Bretaña nos pares. Nos últimos tempos tamén se están a realizar intercambios entre estudantes dun instituto de Sarria e outro de Mûr, vila cabeceira de Guerlédan.

Como se organiza a Irmandade?
A Irmandade está composta por dúas asociacións culturais, unha de cada lado. É a asociación local de cada viaxe a que se encarga da organización das actividades a realizar.

Como e cando son as viaxes?
As expedicións realízanse en verán e teñen unha duración dunha semana. Xeralmente o traxecto realízase en autobús, dado que é o medio que máis económico resulta. Esta circunstancia aprovéitase para coñecer outros lugares de Francia ademais da Brertaña. Durante a estancia os visitantes hospédanse nas casas dos locais, e todos xuntos realizan as excursión diarias que a asociación local prepara ao longo do ano.

Quen a financia?
A Irmandade non está vinculada a ningunha institución concreta e os seus participantes non realizan ningún pagamento regular, polo que carece dunha vía de financiamento fixa. Porén, como proxecto cultural, ao longo do tempo foi financiado por distintas institucións gubernamentais que van dende os concellos ata a UE, pasando pola Deputación. Anualmente solicítanse axudas a estes organismos, que colaboran en maior ou menor medida na maioría dos casos. 
Para completar os gastos, cada persoa viaxeira abona unha cantidade para cubir a viaxe. As familias acolledoras, entendéndose que fan un notable esforzo prestando hospedaxe aos visitantes, non realizan pagamento de ningún tipo.

Se viaxo, teño que acoller? Se acollo, teño que viaxar?
Non, non é vinculante. Para axilizar os intercambios decidiuse que nin o viaxeiro nin o visitante tivesen que formar parte da asociación, polo que o feito de viaxar ou acoller non implica nada máis. Non obstante, aquel que só viva un dos dous lados da experiencia estarase a perder moitas cousas, e non hai nada como acoller a quen te recibiu ou recibir a quen te acolleu.


Se queres coñecer como é a experiencia da Irmandade de xeito menos formal e máis profundo, bótalle un ollo ás crónicas de María Melle dos dous últimos anos.

Se a pregunta que te fas non está aquí, formúlanola por e-mail ou déixanola nun comentario.

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire