jeudi 2 juillet 2015

Sarria en el Tournoi International de Guerlédan

Dicen que las cosas buenas se hacen esperar. Bien, no sé si esto será bueno, pero desde luego si que se ha hecho esperar un buen rato. Sea como fuere, aquí está el pequeño vídeo-reportaje que he preparado sobre la participación de la selección de Sarria en el Tournoi International de Guerlédan u13 de este año.
Vean... y disfruten!


jeudi 11 juin 2015

Xogadores da Selección Comarca de Sarria partiron rumbo a Guerlédan.


 O equipo,  xunto con representantes da Irmandade Sarria-Guerlédan puxeron este xoves rumbo a Bretaña francesa onde se celebra esta fin de semna o Tournoi International de Guerlédan U13. O toerneo acollerá, entre outros, a seleccións brasileiras, americanas e alemas, e contarán, ademais coa presenza de membros do Olympic de Mrsella e do París Saint Germain. Este é o segundo ano en que  Sarria, en colaboración coa Irmandade Sarria-Guerledan, participa no campionato. Para este viaxe contousecoas axudas da Deputación Provincial de Lugo e os negocios locais Fontecelta, Hotel Alfonso IX, Viajes Estevo e Micsport.

Os xogadores son Edgar, Manuel, David, Yago, Juan Carlos, Jairo, Javier, Marco, Fabián, Ricardo e Alexander. Viaxan acompañados dos entrenadores Carlos e David así como un representante dos pais, Carlos e dous representamtes da Irmandade, Jorge e María quen se encargará de facer a reportaxe do paso do noso equipo polo Torneo.
Dende a Irmandade desexamoslles unha boa viaxe e un bon Torneo.

VIAJES ESTEVO


lundi 27 avril 2015

FACENDO HISTORIA II. XULLO 1998

En xullo de 1998 un nutrido grupo de sarrians desprazase a Mûr de Bretagne onde se ratificou a Carta de Irmandade nun ambiente festivo e acolledor.
Para xestionar as actividades dá Irmandade foron promovidas polos Concellos duas Asociacions, unha en Guerledan, o Comite de Jumelage Guerledan-Sarria e outra en Sarria a Asociacion Cultural Irmandade Sarria-Guerlédan. Estas serian dende enton as encargadas de xestionar as subvencions ente as distintes administracions, programar as actividades e levalas a cabo. Son socios dás mesmas todas as persoas que participan na Irmandade sen pagar cuota de socio xa que se considera que é suficiente o esforzo de pagar parte do viaxe ou acoller e alimentar os que veñen.

AQUÍ PODEDES VER AS FOTOS

lundi 20 avril 2015

FACENDO HISTORIA I. ABRIL 1998: NACE A IRMANDADE

No verán de 1997 unha delegación de Mûr de Bretagne visitou Sarria co obxectivo de establecer as bases para a Irmandade entre o Pays de Guerlédan e Sarria.
Viña presidida por Joseph Boucher. Como froito do interes demostrado por ambas localidades, na primaveira de 1998 produciuse a primeira visita de cidadans de Guerlédan a Sarria As xestións que deron lugar a este feito foran iniciadas por Luís Milla, residente dende hai anos por lazos conyugales na localidade bretoa de Mûr e Consuelo López Vila natural de Paradela e responsable dun gabinete de prensa en Madrid

A Carta de Irmandade foi asinada ou día 11 de abril de 1998 polo alcalde de Mur de Bretagne, Presidente dá Comunidade de Comunas de Guerlédan Alain Aufret e por Arturo Curral, alcalde de Sarria, actuando como representantes legais dás respectivas partes que expresaron, de forma unánime, a sua vontade de establecer unha relación de amizade en orde ó mellor coñecemento, entendemento e cooperación mutuas.




vendredi 13 mars 2015

Un equipo de la Comarca de Sarria participará en el Tournoi International de Guerledan U13


LA DIPUTACIÓN PAGARÁ EL VIAJE AL TORNEO DE FRANCIA



Que en 1998,  despois da firma da Carta de Irmandade entre o Pays de Guerledan e Sarria,  na que ambas comunidades expresaron, de forma unánime, a súa vontade de establecer unha relación de amizade entre ambas en orde o mellor coñecemento, nace esta  Asociación encargada, dende entón, de xestionar as subvencións entre as distintos administracións, programar as actividades e levalas a cabo.

Dende ese ano sucedéronse os intercambios anuais, con presenza de xoves e maiores acollidos polas familias, de xeito que se foron tecendo lazos de colaboración e verdadeira amizade entre persoas e institucións de estas comarcas bretona e galega.
Nos anos que levamos de intercambio percorremos Galicia, norte de Portugal e a Bretaña francesa.
No marco da Irmandade tamén se fai posible  que os xoves sexan acollidos en familias cando desexan perfeccionar o idioma asignándoselles actividades a desenvolver cara o publico. Vaia por diante que nos centros de Guerledan os alumnos estudan español e tamén hai moitos bretóns que estudan galego na universidade.
Sen dubida algunha a Irmandade de Guerledan e Sarria e unha realidade viva. Os anos transcorridos desde a formalización da Carta de Irmandade reforzan a boa disposición dos sarriaos e murois no seu desexo de consolidar lazos de unión e irmandade, que o igual que experiencias similares levadas a cabo en toda Europa, formaran a xuventude na tolerancia, na colaboración, a amizade.... Nunha palabra, tecer unha Europa nova, coma proxecto compartido.

 Hai dous anos fomos invitados  a representar a Comarca de Sarria e a provincia de Lugo no XII edición de Torneo Internacional de Guerlédan o cal acudimos con unha representación de un equipo formado por doce rapaces de 12-13 anos da comarca. Neste Torneo participan 128 equipos de todo o mundo. O noso equipo quedou clasificado no medio da táboa e foi felicitado polo xogo limpo e o compañeirismo co que xogaron. Ademais fomos, xunto con un equipo de Barcelona, os únicos representantes de España.
Este ano fomos invitados de novo a representar a Comarca de Sarria e a provincia de Lugo na XIII Edición do Torneo.

O ano pasado a viaxe foi financiada polo Concello de Sarria nun 90% e pola Deputación nun 10% .
Este ano o Concelleiro de Deportes de Sarria Manuel Sangil comunicounos pola prensa do dia 9 de febreiro que non podía financiarnos porque era un gasto “Excesivo”.
Dende a asociación consideramos esta actividade de gran importancia para a formación da nosa xuventude pola experiencia que representa, e para dar a coñecer Galicia, especialmente a provincia de Lugo nun marco mundial por participar equipos de todo o mundo. Por este motivo expuxémoslle a situación ao Presidente da Deputación Provincial D. José Ramón Gómez Besteiro quen, o ver a transcendencia internacional do Torneo, coa participación de 128 equipos de todo o mundo considerou que era moi importante ter un equipo da Provincia  representando a Lugo e a Galicia, por iso coa súa achega garantira que poidamos acudir de novo este ano. Dende a asociación queremos trasladar o noso agradecemento ó Presidente D.Jose Ramon Gomez Besteiro por súa atención e a súa resposta positiva. O día 11 de xuño partiran con destino Bretaña a Selección da Comarca de Sarria que representará a está provincia na XIII Edición do Torneo Internacional de Guerlédan.
O Torneo celebrarase os días 12, 13 e 14 de xuño deste ano na Comarca de Guerlédan.

mardi 9 septembre 2014

MARTES 19 DE AGOSTO: LE RETOUR

RIIIIIIIIIIIIIIIIING, RIIIIIIIIIIIIING, RIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIING!!!!!
Tras un momento de confusión… “Lucía… iso é un teléfono?”,  pregunto adurmiñada. “Sí, cólleo dunha vez!”, contesta enfadada.
Pero de quen foi a idea de erguerse ás oito da mañá? De quen?! Ah, si, da nosa benquerida presi… Almorzamos en silencio, mortos de sono: o de quedarse onte ata as tantas falando xa non nos parece tan boa idea. Metemos as maletas no autobús e entón decatámonos de que falta xente “oh, pero e onde van Jorge e Elvira?”, preguntan. “Funos espertar eu”, di Alba, “Nin oíron o teléfono do hotel, nin fixeron caso do móbil. Por pouco e non temos que tirar a porta abaixo para que se levantasen!”, explica. Vaia dous!
Carlos recibe o seu agasallo.
Foto: Jorge López Rguez

Ao cabo duns minutos aparecen os dous durmiñóns, e podemos seguir o camiño. Ao subir ao bus, vemos que Carlos está deitado nos asentos do fondo, ocupando nada menos que cinco postos! “Pero a ver Carlos, onte tanta festa tivestes que hoxe non te tés?”, metémonos con el. “Ai, deixádeme aquí, deixádeme aquí, que teño unha dor nun ollo”. Meu pobre… deixámolo durmir e buscamos outros asentos.

Cara media mañá facemos unha parada preto de Santander para tomar un café e espertar un pouco. Mentres uns collemos algo de comer, outros dan un paseo pola exposición de tractores antigos que hai a uns poucos metros e, de volta no bus, tócalle a quenda a un filme un pouco máis xuvenil que os de onte: “Hugo”.

Xa dan as dúas e media cando chegamos a Santarúa, en Candás, o restaurante rexentado por Richard no que xa coméramos hai dous anos. Entre a fame que levabamos e o rico que está todo, a comida sábenos a gloria. E, para poñerlle un broche de ouro á semana, dende a directiva deciden ter un detalle cunha das persoas que lle dá, sen dúbida algunha, máis vida á Irmandade —ademais de ser o noso provedor oficial de produtos de porco celta!—: o noso moi querido Carlos. Logo de entregarlle o agasallo, seguimos a viaxe. Xa estamos cerca da casiña, e as ganas de deitarnos outra vez nas nosas propias camas son cada vez maiores!

Aplaudimos todos ao entrar en Sarria, cara ás oito da tarde. A familia e os amigos recíbennos con sorrisos alegres aos que nós respondemos con suspiros cansos e algo tristeiros. Por fin na casa! Pero é que se nos pasou tan rápido á semana…



“Que ninguén marche sen facer a foto de familia!!”, advirte Elvira. Así que nos xuntamos todos por derradeira vez nas escaleiras do Alfonso IX para esa última foto: sen peitear, coa roupa engurrada e rebentados da viaxe. Pero sorrindo contentos —moi contentos— pola semana vivida e desexando que chegue o verán próximo, para podérmonos reencontrar de novo cos nosos moi queridos irmáns bretóns.

Irmáns sarriaos da irmandade Sarria-Guerlédan 2014. Foto: Jorge López Rguez
María Melle Goyanes, setembro 2014

lundi 8 septembre 2014

LUNS 18 DE AGOSTO: DEICA LOGO, IRMÁNS!

O sol resístese a saír a última mañá en Mûr. Tras un almorzo rapidiño, dirixímonos ao aparcadoiro para marchar. Facémonos a derradeira foto britanogalega da semana e comezan as despedidas. “A que me vas a echar de menos, Thibeaut?”, dígolle ao trasto número un de Mûr. “No, no, nada”, ri, para despois achegarse a darme unha aperta. “Pues yo a ti si”, contesto botándolle a lingua.
Veña, vai, non nos poñamos melancólicos, que un ano pasa rapidísimo: está comprobado. Abur, adeus, adiós, hasta el año que viene, à bientôt. Deica logo, irmáns! “Nos vemos el año que viene!”, prometémoslle a Phillipe. “Mais évidemment!!”, di erguendo os brazos cun sorriso.

Fotiño de familia. Foto: Jorge López Rguez
Subimos ao bus e estamos xa saíndo de Mûr cando vemos pasar ao alcalde da vila francesa no coche a toda velocidade. “Seguro que vén a buscarnos”, din os de adiante de broma. Pois non estaban moi equivocados, porque a uns poucos metros vémolo baixando do coche, e saúdanos… con algo na man. O bo do home viñera buscarnos porque García se esquecera o cadro que lle regalara no seu coche!
Co cadro xa no bus, seguimos o camiño e, para amenizar a viaxe, toca peli. Agora é a quenda a Lindsay Lohan con “Devuélveme Mi Suerte”. Xusto acaba o filme cando chegamos a La Rochelle para comer no self-service dunha área de servizo. Non tardamos moito en volvernos montar no bus e, para acompañar á sesta de rigor, poñemos outra película. Nesta ocasión, unha galega: Sempre Xonxa.
Moitos quedamos durmidos pouco despois de apareceren as primeiras imaxes na televisión, e non espertamos ata varias horas despois, para decatarnos de que estamos no medio dun atasco kilométrico que dura un bo anaco. Dende a parte de atrás, poñémonos a mirar polo cristal traseiro, e rematamos por xogar cos rapaces do coche de atrás. “Pedra, papel, tixeiras… xa! Ja! Gañamos”, rímonos. Está claro que o que se aburre nun atasco, é porque quere… Mentres, os de diante volven pedir película e, para desgusto desta cronista, a escollida non é outra que “La Ciudad No Es Para Mí”, de Paco Martínez Soria. “Ai, Mourín, vouche queimar eses DVD’s!”, advírtolle mentres ri.
Non collemos algo de velocidade ata deixar atrás Burdeos e xa case son as dez cando chegamos por fin a Irún, onde durmimos esta noite. “Internet!! Por fin temos internet no móbil!!”, celebran algúns despois de cinco días desenchufados do mundo dixital. Logo de deixar as cousas na habitación, volvémonos reunir todos na cafetería do hotel: uns collen uns pinchos de tortilla ou un bocata, mentres que outros agardan pacientemente a que Carlos remate de cortar o xamón, ou a que lles chegue o anaco do queixo que se está repartido.
É unha desas noites típicas xa de finais de agosto, polo que collemos unhas chaquetas e moitos animámonos a saír un rato á terraza do hotel antes de nos ir deitar. Xa cara a unha da madrugada, algúns deciden marchar na procura dalgún bar no que tomar unas copas, mentres que outros, vendo que comeza a chuviñar, optan por marchar para a cama, “que xa son horas”.

Esta última noite todos xuntos é moi divertida, non creo que haxa ninguén que o poña en dúbida: mentres un bo grupiño xogamos as cartas, outros tantos apuran unha cervexa a uns metros; todos nós rindo, rememorando os mellores momentos dos últimos días. Que mágoa marchar... Éche ben certo que o bo dura pouco!