lundi 17 février 2014

#Guerlédan2014

Como probablemente xa leriades na prensa, estamos empezando a preparalo todo para a próxima expedición de sarriaos á antiga comuna de Guérledan (recentemente absorvida pola comuna de Pontivy). Do 12 ao 19 de agosto percorreremos a Bretaña na compaña dos nososos frères bretóns. O programa concreto está aínda en proceso de elaboración, pero podemos adiantar que este ano incluirá por primeira vez as festas locais da vila de Mûr.
O medio para realizar a viaxe tanto de ida como de volta será o autobús. Os cambios nas normas do ferry impiden que viaxen persoas a pé ou grupos en autocar. Só poderiamos utilizar este medio botando man dos coches particulares, o cal dispararía enormemente o prezo e faría a viaxe máis complicada de coordinar.
O autobús permítenos manter o prezo dos últimos anos e tamén coñecer mellor outras partes de Francia ademais da Bretaña. Na viaxe de ida faremos noite nunha cidade do sur de Francia (aínda por decidir) que aproveitaremos para coñecer, e intentaremos facer o mesmo no camiño de volta. 
Todas aquelas persoas interesadas, reservade as datas e poñédevos en contacto con nós no 659396812 ou en guerledan.sarria@gmail.com antes do 15 de marzo.
Para calquera dúbida, podedes preguntar nas direccións de contacto, así coma nos comentarios do blog ou na páxina en facebook (á esquerda). Para preguntas frecuentes temos unha sección que quizais resulte de utilidade.

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire