vendredi 7 septembre 2012

XOVES NOVE DE AGOSTO: VOLTA Á CASA



Empezamos a erguernos e ir a almorzar cando xa se comeza a ver terra. Cara as doce do mediodía o autobús sae do porto de Xixón e pon rumbo a Candás, por onde facemos un pouco de tempo antes da comida.
O xantar, recomendado por Luís Amadeo, non deixa indiferente a ninguén: Paella, bonito e polo. ¡Boa forma de rematar a viaxe!
Ás catro poñemos rumbo á casa con “Abuelo Made In Spain”, de Paco Martínez Soria de fondo. Despedímonos en Meira de Laura e Raquel, e en Paradela de Sonsoles. Comezamos a ver as primeiras casas de Sarria cando na película aparece o “Fin”.
Mourín toca o claxon ó chegar ao hotel, onde nos espera a familia, que nos recibe con apertas e moitos “¿pasástelo ben?”.
Tras unha última foto todos xuntos, despedímonos prometendo máis e mellor para o ano vindeiro.

María Melle Goyanes

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire