mardi 14 août 2012

DOMINGO CINCO DE AGOSTO: LORIENT



Hoxe os franceses deixan que durmamos un pouco máis do habitual, para recuperarnos da noite de festa do día anterior e, sobre as once da mañá, algúns de nós visitamos coas familias de acollida o mercado ecolóxico de Bon Repos e a abadía do mesmo nome. Desafortunadamente, unha nova tromba de auga sorpréndenos no medio do camiño e obríganos a refuxiarnos nos automóbiles, polo que a visita ao lago de Guerlédan e á vila ten que ser en coche e non camiñando.
De volta nas casas comemos en familia a comida típica (aperitivos, melón, salchichas…).
Pola tarde, collemos todos o autobús e poñemos rumbo ao multitudinario festival de Lorient, onde se reúne o mellor do mellor de entre a música celta.
Unha vez alí, repartímonos en pequenos grupos onde se mezclan indistintamente franceses e galegos de tódalas idades e visitamos os distintos do festival nos que probamos un pouco de tarta e cava típicos, nos rimos ca colección de faltas escocesas e disfrutamos da música das bandas que están repartidas por todo o recinto. A sangue tira á sangue, e por iso non podemos evitar deternos máis do normal no stand de Galicia, que non podía deixar de ter representación no maior festival de música celta do mundo, onde actúan un grupo de músicos galegos que combinan a música celta co humor.
Algúns deciden entrar na carpa onde se celebran as actuacións máis importantes. Cataláns, galegos, bretóns… só os mellores se reúnen alí dentro.
Cara as seis da tarde, asistimos a un gran desfile no que se exhiben os traxes tradicionais bretóns de distintos momentos da historia, todo ao ritmo de tambores, bombos e gaitas.
E para rematar a xornada en Lorient, ceamos alí algunhas das recomendacións dos franceses (ensaladas, galettes e crêpes siguen sendo os favoritos).
Volvemos á casa cantando entre risas o “Avemaría” a de “Digimon” e o “Lalalá” entre outras.

María Melle Goyanes


Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire