vendredi 13 mars 2015

Un equipo de la Comarca de Sarria participará en el Tournoi International de Guerledan U13


LA DIPUTACIÓN PAGARÁ EL VIAJE AL TORNEO DE FRANCIA



Que en 1998,  despois da firma da Carta de Irmandade entre o Pays de Guerledan e Sarria,  na que ambas comunidades expresaron, de forma unánime, a súa vontade de establecer unha relación de amizade entre ambas en orde o mellor coñecemento, nace esta  Asociación encargada, dende entón, de xestionar as subvencións entre as distintos administracións, programar as actividades e levalas a cabo.

Dende ese ano sucedéronse os intercambios anuais, con presenza de xoves e maiores acollidos polas familias, de xeito que se foron tecendo lazos de colaboración e verdadeira amizade entre persoas e institucións de estas comarcas bretona e galega.
Nos anos que levamos de intercambio percorremos Galicia, norte de Portugal e a Bretaña francesa.
No marco da Irmandade tamén se fai posible  que os xoves sexan acollidos en familias cando desexan perfeccionar o idioma asignándoselles actividades a desenvolver cara o publico. Vaia por diante que nos centros de Guerledan os alumnos estudan español e tamén hai moitos bretóns que estudan galego na universidade.
Sen dubida algunha a Irmandade de Guerledan e Sarria e unha realidade viva. Os anos transcorridos desde a formalización da Carta de Irmandade reforzan a boa disposición dos sarriaos e murois no seu desexo de consolidar lazos de unión e irmandade, que o igual que experiencias similares levadas a cabo en toda Europa, formaran a xuventude na tolerancia, na colaboración, a amizade.... Nunha palabra, tecer unha Europa nova, coma proxecto compartido.

 Hai dous anos fomos invitados  a representar a Comarca de Sarria e a provincia de Lugo no XII edición de Torneo Internacional de Guerlédan o cal acudimos con unha representación de un equipo formado por doce rapaces de 12-13 anos da comarca. Neste Torneo participan 128 equipos de todo o mundo. O noso equipo quedou clasificado no medio da táboa e foi felicitado polo xogo limpo e o compañeirismo co que xogaron. Ademais fomos, xunto con un equipo de Barcelona, os únicos representantes de España.
Este ano fomos invitados de novo a representar a Comarca de Sarria e a provincia de Lugo na XIII Edición do Torneo.

O ano pasado a viaxe foi financiada polo Concello de Sarria nun 90% e pola Deputación nun 10% .
Este ano o Concelleiro de Deportes de Sarria Manuel Sangil comunicounos pola prensa do dia 9 de febreiro que non podía financiarnos porque era un gasto “Excesivo”.
Dende a asociación consideramos esta actividade de gran importancia para a formación da nosa xuventude pola experiencia que representa, e para dar a coñecer Galicia, especialmente a provincia de Lugo nun marco mundial por participar equipos de todo o mundo. Por este motivo expuxémoslle a situación ao Presidente da Deputación Provincial D. José Ramón Gómez Besteiro quen, o ver a transcendencia internacional do Torneo, coa participación de 128 equipos de todo o mundo considerou que era moi importante ter un equipo da Provincia  representando a Lugo e a Galicia, por iso coa súa achega garantira que poidamos acudir de novo este ano. Dende a asociación queremos trasladar o noso agradecemento ó Presidente D.Jose Ramon Gomez Besteiro por súa atención e a súa resposta positiva. O día 11 de xuño partiran con destino Bretaña a Selección da Comarca de Sarria que representará a está provincia na XIII Edición do Torneo Internacional de Guerlédan.
O Torneo celebrarase os días 12, 13 e 14 de xuño deste ano na Comarca de Guerlédan.

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire