jeudi 15 août 2013

15 anos de unión fraternal: Sarria – Guerlédan

Por Comunicación 9 Xullo, 2013

Imaxe da visita realizada o ano pasado a Guerlédan. Fonte http://guerledan-sarria.blogspot.com.es/
En 1998 comezaba unha fermosa relación que nin os máis de 1300 quilómetros de distancia poden separar. Como cada ano, buscan o momento idóneo para se reuniren, compartiren grandes experiencias e estreitaren lazos. Desta volta tócanos ser hóspedes e anfitrións. Falamos da irmandade Sarria-Guerlédan.

O vindeiro xoves, Sarria recibirá cos brazos abertos aos seus irmáns bretóns. Máis 40 persoas pasarán na vila 6 días de intercambio acollidos nas casas dos lugueses durante a sua estadía. E, como non podía ser doutra forma, non haberá un minuto para o aburrimento cun plan completo de actividades, principalmente as seguintes:

O sábado 13 de xullo, o grupo visitará o Castro de Formigueiros e a igrexa do Hospital, o Balneario e a Ferreiría no Incio cunha guía de excepción, a investigadora e conservadora Carolina Casal.
O domingo 14 de xullo coñécerán da man do programa Km0 da Deputación a Reserva da Biosfera dos Ancares. Ese mesmo día estarán en Navia de Suarna e visitarán o Museo de Piornedo.
O luns 15 de xullo estarán na Deputación Provincial, onde serán recibidos polo presidente, José Ramón Gómez Besteiro, como preludio da visita á cidade.
Ademais de diferentes conferencias e outras actividades, nestes días toca tamén reflexionar sobre a relación. Baixo o título “A irmandade Sarria-Guerlédan. Pasado, presente e perspectivas de futuro”, representantes das dúas comunidades e das asociacións Comité de Jumelage Guerlèdan-Sarria e Irmandade Sarria Guerledan analizarán as perspectivas tras os cambios administrativos acometidos en Francia.

Todo está disposto para que os nosos irmáns se sintan como en casa. Benvid@s amig@s de Guerlédan!

Esta entrada foi publicada en Cooperación, Novas, Sen categoría, Turismo e etiquetada guerlédan, irmandade guerlédan sarria, sarria. Garda o enlace permanente.

Fuente:

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire